Uncategorized

“O VIH cambiou a miña vida, pero non me impide vivir” -Magic Johnson

  • CONCHITA WURST

    “Espero dar folgos e ter dado un paso máis en contra da estigmatización das persoas que se infectaron, xa sexa a través do seu propio comportamento ou sen culpa propia”

    Conchita WurstThomas Neuwirth, quen sobre o escenario performa a Conchita Wurst (1988), deuse a coñecer mundialmente cando gañou o concurso de Eurovisión en 2014 ca canción Rise like a Phoenix. A súa defensa dende o primeiro momento do colectivo LGTB foi visible en canto recibiu o premio, “Somos un e somos imparables“, foron as súas palabras, en contra da ola de leis xenófobas dalgúns países de Europa.

    En 2018, a través da súa conta oficial de Instagram, facía pública unha mensaxe na que recoñecía ser VIH positivo. Segundo o seu testemuño, decidiu facelo público ante a chantaxe que estaba sufrindo dunha exparella para revelalo. Ante isto, o artista decidiu dar a mensaxe en primeiro lugar. “Non lle darei a ninguén o dereito de causarme medo e intentar deste xeito ter influencia na miña vida” di no seu post de Instagram, do que se fixeron eco os medios de comunicación de todo o mundo.

[vídeo]: Singer Conchita Wurst opens the 22nd International AIDS Conference.

  • ELTON JOHN

    “A epidemia da sida non rematou, e o continuo liderazgo de EEUU é fundamental”

    Elton JohnO cantante, pianista e compositor das mil gafas de sol, Elton John colabora dende fai anos coa causa das persoas con VIH. Despois de pasar a década dos 80 nunha espiral de adicción, o artista comezou a súa desintoxicación,e con isto chegou a realidade. A mediática morte en Estados Unidos dun rapaz con VIH, Ryan White, en 1990, e un ano máis tarde, do seu amigo Freddy Mercury, levouno a pensar que “non fixera o suficiente“.

    Este sentimento levouno a fundar a Elton John AIDS Fundation (EJAF). En 1992 creou unha sede en Estados Unidos, e en 1993 outra no Reino Unido. Esta é unha fundación sen ánimo de lucro que traballa nos dous países creando programas con tres obxectivos principais: evitar as mortes por sida, as infeccións de VIH e a discriminación deste colectivo. En especial destaca a súa actividade humanitaria en África en busca da proteción dos colectivos máis vulnerables ó VIH. A través dos anos converteuse na 4ª fundación filantrópica que loita contra o VIH no mundo e a través da súa actividade axudou ó financiamento de campañas enfocadas a unha detección precoz das persoas infectadas, xa que nestes casos a rapidez é vital. Ademais sirve como cara visible na loita contra o VIH no congreso dos Estados Unidos mediante as súas intervencións públicas demandando fondos para esta loita.

    Podes atopar máis información sobre a súa actividade no seu perfil de Instagram, Twitter e en Youtube.

    [vídeo]: Campaña #AIDSFree con Elton John

  • ALICIA KEYS

    “Non podo imaxinarme se os meus fillos enfermaran non poder darlles as menciñas que os puxeran mellor”

    Alicia Keys Alicia Keys, a produtora musical, compositora e cantante, tamén colabora na visibilización e loita contra o VIH, en especial en África. Keys conta que naceu en pleno apoxeo da crise do VIH e estivo presente na súa vida dende pequena. Algúns anos máis tarde, o seu compromiso e a MTV levaríana ata África para actuar no evento MTV Staying Alive en Sudáfrica para a prevención do VIH. Alí tamén gravou o documental Alicia in Africa: Journey to the Motherland  onde podería vivir de primeira man a situación do VIH no continente.

    A súa actividade por combater o VIH levaríaa a asociarse con Leigh Blake, unha coñecida activista na loita contra a SIDA, e fundarían en 2003 Keep a Children Alive, unha ONG que segundo as súas propias palabras quere “rematar coa SIDA nos nenos/as e nas súas familias combatendo o impacto físico, social e económico do VIH.” Os diferentes programas de KCA traballan en África e India para tratar e concienciar sobre o VIH ás comunidades máis desprotexidas e axudar ás persoas máis vulnerables.

[vídeo]: Alicia in Africa: Journey to the Motherland

  • BONO

    “Non estás tolo por pensar que podemos facer algo para combater a SIDA”

    Bono U2 O cantante da histórica banda irlandesa, U2, é coñecido por himnos como In The Name of Love, pero a súa responsabilidade por facer deste un mundo mellor tamén está moi presente na súa actividade pública. É coñecida a súa implicación con Amnistía Internacional tamén ca súa banda e é unhas das actuacións estrela do Live 8, unha serie de concertos benéficos cos que colaboraron tamén no primeiro Live Aid de 1985. En 2006, xunto con Bobby Shriver, da ONG ONE Campaign, fundaron Product Red.

    Esta marca busca ligar ás empresas e crear conciencia sobre o VIH, especialmente en África. As empresas crean produtos vermellos e experiencias exclusivas, como os de Apple entre outros, e a través dos beneficios destes axudan a financiar programas para rematar co VIH/sida. A dirección está orientada polo Fondo Global para combater a sida, tuberculose e malaria (FMSIDA) , creado pola ONU para recoller fondos públicos e privados para financiar os programas de actuación. A actividade da organización creada por Bono ten un impacto sobre máis de 100 millóns de persoas en países Africanos como Ghana, Kenia ou Lesotho.

    [vídeo]: Mensaxe de Bono polo Día mundial da sida 

  • MAGIC JOHNSON

    “Quero que todo o mundo practique sexo seguro e utilice preservativos”

    Magic Johnson

    Unha das lendas do baloncesto mundial, Earvin “Magic” Johnson (1959), xogador durante máis de dez anos de Los Angeles Lakers, comunicaba en 1991 que estaba infectado polo VIH.

    A noticia chegou a tódalas partes do mundo, e recibiu apoios de milleiros de xogadores do baloncesto, tamén de España. Dende o primeiro día, a súa actitude positiva e o seu discurso de concienciación foi clave para que moitas persoas comezaran a facer probas e practicasen relacións con seguridade.

    Contribuíu ca Fundación Magic Johnson para crear programas pra colaborar na concienciación do virus e, en 1992, publicou o libro “What you can do to avoid AIDS” unha guía educativa sobre a prevención do VIH.