Que é?
A gonococia, máis coñecida como gonorrea ou purgacións, é unha das infeccións de transmisión sexual máis frecuentes e está causada pola bacteria Neisseria Gonorrhoeae, da familia dos diplococos. As posibilidades de que unha muller transmita a infección á súa parella masculina é dun 20%, mentres que se é o home o que ten a infección, as posibilidades incrementan ata un 70%. Isto último é válido tamén para gais, bisexuais e outros homes que teñen sexo con homes (GBHSH).
Como se contrae?
Esta infección contráese a través de manter relacións sexuais desprotexidas (sen preservativo) cunha persoa que teña a infección, a través de sexo anal, vaxinal ou oral.
Cales son os síntomas?
Máis da metade das mulleres e o 10% dos homes apenas presentan síntomas. Cando se presentan síntomas, os máis común son:
Os primeiros síntomas da gonorrea aparecen antes de dúas semanas desde o momento no que se resulta infectado e concrétanse en diferentes cadros clínicos:
En varóns o máis frecuente é que a infección delátese coa aparición antes de dez días dunha uretrite, é dicir, unha inflamación da uretra que se manifesta con dor ou proído ao ouriñar e a emisión dunha secreción purulenta. Se non se trata, pode complicarse e causar a inflamación do pene ou dos testículos.
Por outra banda, nas mulleres pode tardar máis en detectarse, xa que os primeiros síntomas son producidos no colo do útero, co desenvolvemento dunha cervicite. Outros síntomas son un aumento anormal do fluxo vaxinal que adquire un aspecto purulento e proído ao ouriñar, dor na pelve e secreción de pus pola uretra. Tamén pode ocasionar sangrado entre regras ou regras máis abundantes. Se non se trata, pode causar unha enfermidade pelviana inflamatoria e consecuentemente, a esterilidade da muller. En mulleres embarazadas os síntomas son os mesmos pero o risco de que se produza un aborto espontáneo ou un parto prematuro dependendo do momento da xestación na que se adquira ou que a infección poda transmitirse ao feto durante o parto.
Tratamento
O tratamento é curativo con antibióticos. pero A administración dose pode variar entre vía oral, inxectada intramuscular ou ambas. Nos últimos anos detectouse un incremento de resistencias da gonococia aos antibióticos; polo que se recomenda usar antibióticos que poidan vencer estas resistencias. Para facer fronte a este problema da resistencia elaborouse un Plan que pon a disposición dos médicos de atención primaria do SERGAS os antibióticos que recomenda o Centro Europeo de Control de Enfermidades(ECDC); polo que todos os centros de atención primaria do SERGAS dispoñen deste tratamento. Trátase dun tratamento nunha única dose con dous antibióticos simultaneamente:
Ceftriaxona 500 mg inxectado por vía intramuscular + Azitromicina 2 gramos por vía oral.
Asemade recoméndase a toma da secreción para análise de resistencias antibióticas. Para persoas alérxicas a estes antibióticos existen pautas alternativas para esta situación.
Se tes síntomas de uretrite ou tiveches contacto sexual cunha persoa diagnosticada de gonococia acode ao teu médico/a de cabeceira para recibir tratamento.
¡NUNCA TE AUTOMEDIQUES!