Gozar do sexo e facelo correctamente non é só cuestión de experiencia ou de físico, senón un asunto mental. Sabendo utilizar ben todas as nosas posibilidades no sexo, lograremos unha mellor realización nas nosas relacións.
Para lograr iso, a axuda da psicoloxía sexual, da sexoloxía, pode ser fundamental á hora de acadar un sexo de maior calidade. O descoñecemento pode facernos crer que os problemas no sexo non se poden superar e que todo depende das nosas habilidades. Tamén nos pode facer pensar que problemas mentais se deben a complexos físicos ou algún tipo de defecto.
Moitos son os beneficios da sexoloxía, aínda que ás veces custa perder o medo a contar as nosas intimidades a unha persoa allea. Unha vez dado ese paso, e cunha terapia, podemos pasar a ter unha vida sexual plena na que se evitan frustracións, se pode aprender a desfrutar nós e facer desfrutar ás nosas parellas e tamén a aprender a evitar condutas sexuais que poden ser de risco para a nosa saúde.
Entre os problemas que se poden “arranxar” grazas á sexoloxía están varios que nos soan moito como é a exaculación precoz, a ausencia de desexo, os problemas para exacular, problemas de relaxación e dor ou falta de pracer durante o coito, dificultade para alcanzar o orgasmo, así como a educación sexual na prevención de embarazos non desexados ou de Infeccións de Transmisión Sexual como a SIDA.
Como resultado desta terapia, ademais de mellorar a nosa conduta, lograremos tamén un mellor entendemento dentro da parella, o que influirá positivamente na nosa calidade de vida, polo que se tes algún problema de índole sexual que está lastrando a túa conduta sexual e, ademais, che causa frustracións, pensa que a sexoloxía pode ser un dos teus mellores aliados. Consulta a especialistas en sexoloxía e mellora a túa vida e saúde sexual.