A sífilis é unha infección de transmisión sexual (ITS) causada por unha bacteria o treponema pallidum. É unha infección altamente transmisible.
Nos últimos anos esta infección esta aumentando de modo xeral na poboación e en especial entre os homes que teñen sexo con outros homes sen usar medios de protección.
Habitualmente a sífilis transmítese polo contacto coas lesións que ocasiona esta infección e tamén polo contacto con sangue dunha persoa infectada.
A sífilis é unha infección que pode curarse facilmente cun tratamento antibiótico con penicilina pero a veces é difícil de diagnosticar e pode pasar desapercibida ao paciente e ocasionar graves danos, que unha vez que ocorren non se poden corrixir (danos no sistema nervioso causando parálise, no corazón e nas arterias, nos ósos, etc.). Moi grave tamén é a sífilis durante o embarazo que pode ocasionar graves secuelas e malformacións ao bebé.
A sífilis é difícil de diagnosticar porque as lesións non ocasionan dor e co paso dunhas semanas desaparecen as lesións dando a falsa impresión, a persoa infectada, de que esas lesións se curaron solas e polo tanto non chegan a consultar ao seu médico/a. Por outra parte esas lesións poden localizarse en zonas como a anal, que non está a vista da persoa, e como non ocasionan dor pasan desapercibidas tamén.
Se non se consegue identificar, consultar e curar; a infección progresa internamente como sífilis latente ate chegar a sífilis tardía; ocasionando lesións, moitas veces irreversibles, cando aparecen os síntomas que levan ao paciente a consultar.
O diagnostico se se sospeita e sinxelo e consiste na toma de mostras das lesións e/ou cun análise de sangue.
Se che diagnostican sífilis, avisa as túas parellas sexuais para que consulten co seu médico/a.
Ninguén esta libre de contraer a sífilis ou outra ITS. Consulta se tes prácticas sexuais de risco para ITS.
Recorda utilizar sempre preservativo nas túas relación para evitar estas situacións.