Son altamente contaxiosas e molestas. Sigue lendo!
Que son os piollos pato (ladillas)?
Son uns parásitos que viven na pelaxe púbica. Obsérvanse xeralmente os ovos (lendias) pegadas ao pelo. Os piollos pato teñen tres etapas de vida: ovo, lendia e piollo. As lendias nacen nun período de entre 5 e 10 días tras ser incubadas.
Como se contrae a infección?
Unha das principais vías de contaxio son as relacións sexuais cunha persoa que teña a infestación. Literalmente, estes bichiños saltan do pelo púbico dunha persoa á outra durante as relacións sexuais. Tamén se contraen polo contacto con roupa infestada (roupa de cama, toallas…).
Cales son os seus síntomas?
O seu síntoma máis común é o forte proído. Normalmente, os piollos pato atópanse na área púbica, pero tamén é posible que se diagnostiquen en sobacos, pestanas ou cellas.
Como se diagnostica?
Se mantiveches relacións sexuais desprotexidas ou tes síntomas que che fan sospeitar, cómpre que acudas ao teu médico/a de cabeceira.
Como se pode previr?
Se a túa parella sexual che informa que ten piollos pato podes empregar locións ou champús antiparasitarios con carácter preventivo. Se che diagnosticaron piollos pato avisa á túa parella sexual para que acuda á consulta do seu médico/a. Ademais, asegúrate de lavar a túa roupa, incluída roupa de cama e toallas, cando menos a 60º C, para eliminar calquera piollo.
Como se trata?
O médico/a receitarache xabóns específicos e locións antiparasitarias que adoitan levar permetrina. O tratamento antiparasitario e recomendable repetilo 10 días despois da primeira aplicación.