Hoxe traémosvos unha recomendación en forma de app móbil e, ademais, desenvolvida en Galicia: Risco Cero. Se aínda non a tedes, bulide a descargala!
Descubre e infórmate sobre os diferentes métodos anticonceptivos que tes ao teu alcance e non corras riscos…: Risco Cero
Estás en risco de embarazo? Tes dúbidas sobre como usar os métodos anticonceptivos? Risco Cero é unha aplicación gratuita dirixida á mocidade, pais/nais e docentes que pretende mellorar a información sobre os métodos anticonceptivos, as prácticas sexuais seguras e a prevención de ITS. O obxectivo? Risco Cero ante un embarazo non desexado ou unha ITS.
Entre outros contidos, atoparás:
– Información xeral sobre os diferentes métodos anticonceptivos: preservativo, píldora, anel, parche, implante…
– Sección Teno Claro. Preguntas e respostas sobre cada un dos métodos, con todas aquelas preguntas que adoitas facerte. Por exemplo, no caso do preservativo: Protexe das ITS? Hai tallas? Como se coloca? Que fago se rompe?
– As infeccións de transmisión sexual. Que son e como se preveñen- Que podo facer se estou risco de embarazo
– O Cazador de Mitos. Afirmacións que adoitamos escoitar… e que non teñen fundamento científico
E moito máis! Este proxecto está promovido e avalado polo Colexio Oficial de Médicos da Coruña, polo tanto é unha fonte de información moi fiable e rigorosa.
A confección dos seus contidos está baseada na información de guías de sociedades científicas e fichas técnicas de medicamentos. Entre elas:
Agencia Española de Medicamentos y Productos Sanitarios – AEMPS
Protocolos sego/sec – Sociedad Española de Contracepción
Guías Técnicas do Plan de Atención Integral á Saúde da Muller – Sergas