Con preservativo sempre
Emprega correctamente condóns de látex masculinos ou femininos todas as veces que teñas relacións sexuais.
Os condóns son o único método anticonceptivo eficaz que reduce o risco de transmisión do VIH e da maioría das ITS.
Elixe condutas sexuais de menos risco
As relacións sexuais anais son o tipo de actividade sexual que implica o maior risco de contraer o VIH. As relacións sexuais vaxinais implican menos risco que as anais e as relacións sexuais orais teñen menos risco que as anais e as vaxinais.
Se sospeitas, consulta ao médico/a
Acude ao Servizo de Urxencias do hospital máis cercano se tiveche relacións sexuais con alguén que teña ou poda ter o VIH para poder comezar a tomar un tratamento preventivo canto antes e sempre dentro dos 3 días seguintes á posible exposición para reducir a probabilidade de contraer o VIH. Este tratamento coñécese como profilaxe postexposición non ocupacional ou PPENO.
Ante a sospeita dunha infección de transmisión sexual acode ao teu médico/a para facer a proba do VIH e outras infeccións de transmisión sexual como gonorrea, sífilis e clamidia.
Ter outra ITS aumenta a probabilidade de contraer o VIH
O Servizo Galego de Saúde permite realizar a proba do VIH en calquera centro de saúde de Galicia, incluíndo ás persoas que non teñen tarxeta sanitaria.
Evita situacións de risco
Hai prácticas consideradas de risco como son manter relación sexuais baixo os efectos do alcohol e outras drogas, ter múltiples parellas, compartir xoguetes sexuais, etc.
Non compartas material de inxección de drogas
Se che diagnostican unha ITS, avisa aos teus contactos sexuais
É moi importante que eles tamén se fagan as probas para recibir tratamento, se é o caso, e evitar propagar a infección.