Sobre a orixe do VIH circularon diferentes teorías, incluídas as conspiradoras.
Diferentes estudos científicos, estableceron a súa orixe nunha zoonose africana procedente dunha infección dos simios que en determinado momento saltou a especie humana, pola caza e manipulado da carne e a sangue destes animais.
O VIH-1, responsable principal da pandemia, ten grandes similitudes co SIVcpz do chimpancé común.
O VIH-2 presente en África occidental (Guinea Bissau, Senegal e Ghana) é tamén xeneticamente parecido ao virus da inmunodeficiencia simia (SIV); e atópase na sangue da especie de primate Mangabeys gris que vive nestas áreas.
A pesar da súa orixe en un virus simio, non debemos confundir esta inmunodeficiencia humana con outras inmunodeficiencias que afectan a outros animais como os gatos.
Nin o VIH se transmite aos gatos nin a inmunodeficiencia felina se transmite a humanos.
A epidemia desta nova infección de transmisión sexual, estímase que comeza arredor de 1920 na contorna da cidade de Kinshasa, actual capital da República Democrática do Congo.
A finais do século XIX e principios do XX as potencias colonizadoras de África; especialmente Reino Unido e Francia desenvolven unha extensa rede de ferrocarrís en África que dará lugar ao movemento de grandes poboacións de traballadores e outras persoas sobre todo na África subsahariana. Estes desprazamentos de poboación van a contribuír a expansión da epidemia de VIH no continente africano.
Durante o século XX as guerras de descolonización africana van afondar na expansión do VIH polo desprazamento de grandes masas de refuxiados e as pobres condicións de vida das persoas.
O aumento das redes comerciais e as viaxes internacionais farán que a epidemia se expanda polo mundo converténdose nunha pandemia inicialmente silenciosa.
O 5 de xuño de 1981 o CDC, en conferencia de prensa, describe 5 casos de pneumonía por pneumocystis carinii, comunicados polo Dr. Michel Gottlieb, nos Ángeles (California). Estes 5 pacientes compartían a característica de ser homosexuais sexualmente activos. No mes seguinte identificáronse outros pacientes con Sarcoma de Kaposi. Todos eles, mostraban unha importante inmunodepresión con niveis moi baixos de linfocitos T CD4. Idéntica síndrome apareceu tamén en haitianos, heroinómanos inxectores de drogas, e en hemofílicos e outros receptores de transfusións sanguíneas e os seus derivados. Polo que se empezou a falar da síndrome das 4 H.
A síndrome foi denominada Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida (SIDA).
Nos meses seguintes, diagnostícanse casos en todo o mundo, incluído o primeiro caso en España.
En Galicia o primeiro caso diagnostícase en 1984.