A OMS informa de que cada 30 segundos morre unha persoa no mundo debido a problemas asociados coas hepatites víricas. Son aproximadamente 350 millóns de persoas infectadas de forma crónica, cun gran risco de enfermidade hepática grave e morte por cirrose ou cancro. É por este motivo que o 28 de xullo celebramos o Día Mundial contra a Hepatite. Para entender isto é necesario explicar que a hepatite é a inflamación do fígado. As causantes poden ser unha variedade de patóxenos como os virus, bacterias ou parasitos, tamén poden causar hepatite toxinas como drogas ou alcohol e enfermidades autoinmunes.
A hepatite pode ser unha infección aguda a curto prazo ou tamén unha infección crónica a longo prazo.
Como podemos ver, existen diferentes tipos de hepatite. Por un lado, está a hepatite alcohólica, causada por un consumo excesivo; a hepatite tóxica, que pode ser causada por medicamentos, suplementos ou algún produto químico; a hepatite autoinmune, cuxa causa sospeitase que é debido a factores xenéticos; e as hepatites virais, as cales son as máis común, e son causadas polos virus de hepatite A, B, C, D e E.
Como se transmiten e contraen as hepatites virais?
Habitualmente a hepatite A e a hepatite E transmítense polo contacto con alimentos ou augas contaminadas coas feces dalgunha persoa infectada. Tamén pode contraerse a hepatite E ao comer carne de porco ou marisco pouco cociñados.
A hepatite B, C e D transmítense polo contacto co sangue dunha persoa que padece a enfermidade. Tamén se poden transmitir polo contacto con outros fluídos corporais. Isto pode ocorrer de moitas maneiras, por exemplo mantendo relacións sexuais sen protección.
Este último, é o caso da hepatite B, que se transmite sexualmente polas mesmas prácticas e as mesmas vías de transmisión que o VIH. Este virus está presente no sangue, no seme e no fluxo vaxinal.
Tratamento:
As hepatites tóxicas evitando o consumo de sustancias hepatotóxicas incluíndo o abuso de alcol. A hepatite autoinmune non se pode previr.
Existen vacinas para previr a hepatite A e B. No caso da hepatite B normalmente dánse en 3 doses. No caso de que a persoa non estea vacinada, as medidas para evitar unha posible infección por hepatite B son o uso de preservativos durante as relacións sexuais, e non compartir xoguetes sexuais sen protección.
A hepatite C non ten vacina e ate fai poucos anos era unha hepatite moi grave. Hoxe en día temos un tratamento con antivirais de acción directa (AAD) que son capaces de curar esta grave forma de hepatite viral.
Recorda usar sempre preservativo cando teñas relacións sexuais para poder evitar contraer calquera tipo de hepatite viral durante as relacións sexuais así como calquera outra ITS. Entre todos e todas podemos asegurar unha boa saúde sexual e gozar do sexo. CÓIDATE!