O VIH destrúe certas células (linfocitos CD4) do sistema inmunitario. Estes linfocitos CD4, defenden o teu corpo de moitas enfermidades infecciosas e nos axuda a manternos sans. Cando o VIH dana o teu sistema inmunitario, é máis fácil que enfermes de gravidade e mesmo que morras por infeccións que o corpo normalmente podería combater.
A maioría das persoas con VIH non teñen síntomas durante anos e séntense totalmente ben, así que poida que nin sequera saiban que están infectadas.
O VIH atópase no seme, nos fluídos vaxinais, en secrecións anais e rectais, o sangue e o leite materno. O virus entra no teu corpo a través de cortes ou feridas na pel e a través das membranas mucosas (da vulva e vaxina, ano e recto, e glande e prepucio do pene).
As primeiras 4 semanas despois de contraer o VIH, podes sentir algo de febre, ganglios inflamados e malestar xeral. Estes síntomas -similares aos da gripe-, son a primeira reacción do teu corpo á infección. Durante esta etapa, hai altas cantidades do virus no teu corpo, polo que é moi fácil transmitilo a outras persoas. Os síntomas do VIH só duran unhas semanas e despois diso non volves ter síntomas por anos, xeralmente. Con todo, podes transmitir o VIH a outras persoas sen importar se tes síntomas ou non.
Unha vez contraes o VIH, o virus permanece no teu corpo para sempre. Non existe cura para o VIH actualmente, pero hai medicamentos que poden manter a infección controlada e que te manteñas saudable. Os medicamentos para o VIH fan que teñas menos capacidade -ou ás veces ningunha- de que transmitas a infección a outras persoas. Os estudos mostran que tomar os medicamentos para o VIH, segundo as indicacións, pode baixar a cantidade de VIH no teu sangue, tanto que quizá nin apareza nunha proba de reconto de virus. Cando isto sucede, quere dicir que non transmitirás a ninguén co VIH cando teñas sexo.
O tratamento para o VIH é a medida máis importante para cortar a transmisión do VIH e por iso é esencial facerse a proba. As persoas que o teñen o VIH e reciben tratamento poden manterse sans, vivir moitos anos (case os mesmos que unha persona que non ten VIH) e evitar transmitilo a outras persoas. Sen tratamento, o VIH causa finalmente a SIDA que é a etapa final da enfermidade e que pode ocasionar a morte da persoa.
A maneira máis efectiva e sinxela de evitar contraer o VIH, a través das relacións sexuais, é usar de maneira consistente o preservativo. Outros métodos para previr a infección polo VIH e tomar un tratamento profiláctico.
A PrEP (profilaxe pre exposición) é unha pastilla que se toma todos os días e que pode axudar a previr o VIH. Se non tes VIH, tomar a PrEP pode baixar as túas probabilidades de infectarte co VIH a través do sexo en máis dun 90%. É recomendable solicitar a PrEP se vas estar exposto a sexo non protexido (sen uso de preservativos), se a túa parella ten VIH, sufriches algunha outra ITS recentemente, es traballador ou traballadora sexual, se mantés relacións sexuais con moitas persoas ou practicas o chemsex.
A PrEP apenas causa algúns destes efectos secundarios poden ser náuseas, vómitos o dor de cabeza non son perigosos e usualmente son pasaxeiros e melloran co tempo, unha vez que o teu corpo afaise á PrEP. A maioría das persoas que a toma non teñen ningún efecto secundario.
A PEP (profilaxe post exposición) é para persoas que posiblemente estivesen expostas ao VIH. É só para situacións de emerxencia. Esta debe iniciarse dentro das 72 horas posteriores á posible exposición ao VIH. Débese tomar a PEP todos os días durante 28 días. Deberá ver ao seu médico/a durante e despois de tomar PEP, para que poida facerse unha proba de VIH e outros exames.
Estas pílulas non protexen de outras ITS, polo que é importante seguir utilizando preservativo para evitar contraer outras ITS.