O proxecto Sex Invaders dá o salto á rede coa inauguración deste blog informativo!
Que é Sex Invaders?
Somos un equipo de profesionais da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Hai máis de catro anos decidimos inaugurar unha páxina de fans na rede social Facebook para estar máis preto da mocidade galega e poder informarvos sobre a importancia do sexo seguro e da prevención das infeccións de transmisión sexual: que son, cales son os seus síntomas, como se poden previr, como se tratan, etc.
O balance destes catro anos foi tan positivo que decidimos ampliar o proxecto coa inauguración deste novo espazo na rede: o blog ITS Invaders. Súmaste á nosa comunidade?
Que podo atopar neste blog?
Información rigurosa, pero contada dun xeito cercano, sobre as distintas infeccións de transmisión sexual (ITS) e a importancia do uso do preservativo: VIH/Sida, Clamidia, Gonorrea, VPH…
Podo contactar con vós?
Por suposto. Estamos á túa disposición se desexas facernos unha consulta privada e responderémosche confidencialmente. Envíanos unha mensaxe privada á nosa páxina de Facebook ou utilizando este formulario.
Hi, this is a comment.
To delete a comment, just log in and view the post's comments. There you will have the option to edit or delete them.