O Ministerio de Sanidade vén de lanzar unha nova campaña de prevención das infeccións de transmisión sexual: Ti decides o que compartes
Comparte viaxes, aventuras, amor… É o momento de compartir novas experiencias! Que as infeccións de transmisión sexual non sexan unha delas. Usa sempre preservativo, evita as prácticas de risco e comunícate coa túa parella. É a túa responsabilidade.
Sabías que…?
- O número de ITS diagnosticadas en España continúa aumentando
- Para pervir as infeccións de transmisión sexual (ITS) usa sempre preservativo
- A metade de novos casos de gonorrea e preto dun tercio dos casos novos de sífilis en España ten menos de 30 anos
- As infeccións de transmisión sexual tamén se poden contraer a través do sexo oral
- Ante a menor sospeita de ter unha ITS acode ao teu médico e realízache as probas necesarias
- 4 de cada 1000 persoas en España ten infección por VIH
- Se pensas que podes contraer unha infección, comunícallo á túa parella
- O 18% das persoas con infección por VIH descoñéceo
- Un diagnóstico precoz e un tratamento adecuado son fundamentais para facer fronte ás ITS
- As ITS máis frecuentes son: gonorrea, sífilis, VIH, clamidia e hepatite b e c