Que é e que período de incubación e síntomas ten?
É unha infección causada por un virus, cuxo orixe procede da fauna salvaxe(monos e roedores). Ten dúas variantes: a da África Occidental e a da África Central(máis grave). O virus pode transmitirse tamén a humanos e animais domésticos.
O período de incubación, dende que se contrae a infección ata aparecer os primeiros síntomas, e variable entre 4 e 21 días.
Os síntomas iniciais adoitan ser: febre, dor de cabeza, dores musculares e articulares ou cansazo que pódense acompañar de ganglios inflamados.
Entre 1 e 5 días despois do inicio da febre, desenvólvese unha erupción cutánea que empeza con lesións encarnadas que van evolucionando a vexigas con contido líquido purulento, que se abrirán formando pústulas e finalmente costras que secan e caen. O contacto co líquido das vexigas e as pústulas son unha importante fonte de transmisión. As zonas onde aparecen máis frecuentemente son a xenital, anal, cara e boca, pero poden aparecer noutras localizacións por todo o corpo incluíndo palmas de mans e plantas dos pes. As lesións poden ser numerosas ou escasas.
Como se transmite?
Habitualmente transmítese por contacto directo con fluídos corporais ou coas lesións na pel dunha persoa coa enfermidade activa(incluídas as relacións sexuais).
Tamén pódese transmitir por gotas respiratorias do caso coa enfermidade activa aos seus contactos directos e por contacto con obxectos contaminados (roupa de cama ou de vestir, cubertos, pratos vasos, etc.) ou por contacto con animais coa enfermidade.
Neste momento, no noso medio, a maioría dos casos están acontecendo por contacto íntimo entre parellas sexuais.
A variante do virus deste gromo é a da África Occidental, que ocasiona unha varíola con baixa mortalidade.
A persoa enferma pode transmitir a infección dende o inicio dos síntomas ata que desaparecen todas as costras. Por esta razón evitarase o contacto estreito(especialmente o sexual) con persoas que presenten lesións con vexigas e pústulas sospeitosas.
Que facer cando se foi contacto estreito dun caso?
- Non manter contactos sexuais durante 21 días e usar de forma constante a máscara facial.
- No caso de presentar febre ou calquera outro síntoma compatible deberá illarse no domicilio e poñerse en contacto telefónico co seu médico/a para valorar o seu caso.
Que facer nun caso confirmado?
- Illamento na casa, se é posible nun cuarto ou zona separada dos demais membros, ata que todas as lesións desaparezan.
- Evitar o contacto físico e as relaciones sexuais ata que as lesións desaparezan.
- Se coincide con outras persoas na casa ou é necesario saír, tapar as lesións e levar sempre máscara facial.
- Non compartir os utensilios do fogar (roupa, toallas, roupa de cama, cubertos, pratos, vasos, etc), que poderán lavarse en ciclos quentes de 60º e deterxentes habituais.
- Evitar todo contacto con mascotas e aquelas coas que se tivo contacto, dende a aparición dos síntomas, deberán permanecer en illamento no domicilio durante un mínimo de 21 días. No caso dos cans poderían sacarse, en caso necesario, por outra persoa, evitando sempre o contacto con persoas e animais.
- É necesario avisar aos contactos achegados que tivese desde que empezaron os síntomas, especialmente ás parellas sexuais, para que vixíen durante 21 días a aparición dalgún dos síntomas.
- Facer o seguimento segundo lle indique o seu médico/a.
Para máis información:
https://www.sergas.es/Saude-publica/Documents/6819/03_Recomendacións%20contactos%20MPX_03.pdf
https://www.sergas.es/Saude-publica/Documents/6818/02_Recomendaci%C3%B3ns%20casos%20MPX_05.pdf