Apostar por unha boa educación sexual é fundamental para a prevención das infeccións de transmisión sexual (ITS). Usar preservativo é a única forma de practicar sexo seguro. O mesmo acontece coa comunicación, unha parte da relación á que moitas parellas prestan pouca ou ningunha atención.
Este é un punto nos que nos atopamos cunha clara desigualdade de moitas mulleres fronte ás súas parellas de xénero masculino. Esta, vén promovida polo ámbito social, cultural ou económico.
O machismo e as súas diferentes expresións tentan dificultar a capacidade das mulleres para falar, gozar e exercer a súa sexualidade en plenitude. Moitas veces, pídese que descoiden, en favor do goce sexual masculino, o uso do preservativo.
Este tipo de actitudes, percíbense en moitos outros aspectos das relacións sexuais. A cesión ante prácticas non reconfortantes ou nas que a muller non goza ou a chantaxe emocional ante unha negativa inicial para practicar sexo, son actitudes machistas moi normalizadas e que son un claro exemplo da vulnerabilidade da muller no ámbito sexual.
Deste xeito, o machismo actual implica unha práctica de violencia na vida cotiá sexual das parellas e das mulleres que moitas veces é tan sutil que pasa desapercibida e perpetúa a desigualdade das mulleres. Estas actitudes, moitas veces asimiladas e silenciadas, comprenden un amplo abano de maniobras interpersoais e son o caldo de cultivo que dará como resultado diversas formas de violencia de xénero ou violencia machista: maltrato psicolóxico, físico e emocional. Trátanse de prácticas moitas veces lexitimadas polo entorno social, en contraste con outras formas de violencia machistas denunciadas e condenadas de forma habitual.
É necesario poñer límites a estas situacións. O uso do preservativo como método de prevención é indispensable, o anticonceptivo oral non prevén de ningunha ITS , polo que ante situacións de presión para non usalo, non se debe ceder. O sexo é cousa de dous e calquera tipo de práctica e as actuacións que delas se derivan debes ser consentidas, faladas e aceptadas.
Respecta á túa parella sexual!!