Moitas son as películas e series que, entre os seus temas e guións falan, entre moitas outra cousas, de Infeccións de Transmisión Sexual.
O VIH é un dos temas preferidos de directores, produtores e guionistas. Sobre el xiran moitas películas e series e tamén grazas a estas producións podemos aprender máis, sobre todo sobre como se viviu nos 80 e comezos dos 90, cando o virus colleu máis forza, ou tamén para entender como afectou a determinadas persoas.
Nos últimos meses viron a luz varias producións que enfocaban esta enfermidade desde un punto de vista diferente:
It’s a sin
Unha das series máis aplaudidas dos últimos meses. Pode verse en España a través da plataforma HBO. Nesta miniserie de cinco capítulos trátase o SIDA desde a perspectiva dun rapaz novo, Ritchie, que chega a Londres e comeza a gozar da vida, das festas e doutras vivencias, entre as que asoma unha descoñecida enfermidade que cambiará as vidas dos protagonistas.
A través dos capítulos pode observarse como o ton festivo do principio comeza pouco a pouco a virse abaixo segundo avanza a serie.
Cuéntame como pasó
Neste caso falamos dunha das series máis recoñecidas de España. Esta histórica serie, con máis de 20 anos de duración, trata na súa recén estreada temporada un dos problemas que afectou a España no comezos dos 90. Un dos seus actores, Mike, descobre que sufre VIH. Isto alterará os seus plans e levaralle a un problema laboral moi soado, pero fai ver como é posible compatibilizar a vida con este virus.
Merlí Sapere Aude
A secuela que realizou Movistar+ sobre a serie de éxito de TV3 Merlí tamén trata o problema do VIH na súa derradeira e recentemente estreada temporada. A diferenza dos dous anteriores casos, nesta o seu protagonista, Pol Rubio, adquire o virus no mundo actual. O que ao principio é a fin do mundo para esta personaxe, grazas ás persoas das que se rodea, pode comprobar que non é o único que o sufre e que todos saíron adiante sen ningún problema.