Prácticas de risco

O termo chemsex, de orixe británica, xorde da fusión das palabras chems (derivada de chemicals, como alusión as drogas) e sex (sexo).

 

Este é un tipo particular de consumo de substancias sexualizada. É unha práctica que se está estendendo en determinados ambientes de ocio e representa un risco adicional de transmisión de ITS a maiores do risco do consumo de cada unha das drogas utilizadas. Caracterízase sobre todo por ser un consumo de drogas con fins sexuais, o que leva a longas sesións de sexo, que poden durar horas, ou incluso varios días.

 

As sesións de chemsex poden ser individuais, cunha parella sexual ocasional ou estable, trío ou sexo en grupo. Pero tamén o hai os que o practican sós, vendo material pornográfico ou interactuando en liña con outros consumidores, por exemplo, a través de cámaras web.

 

Aínda que o máis común é que teña lugar en vivendas particulares, tamén é normal atopar negocios dirixidos a este tipo de público, como saunas, clubs sexuais, hoteis, festas en locais privados, locais con cuartos escuros, festivais que teñen zonas designadas para manter relacións sexuais, ou encontros sexuais ao aire libre.

 

Entre as substancias que máis se consumen neste tipo de prácticas atopamos: cocaína, poppers, metanfetamina, ketamina, speed, éxtase e drogas para favorecer a erección.

 

Algunhas das substancias utilizadas nesta práctica como a cocaína ou a metanfetamina, teñen unha gran capacidade de producir adicción tanto física como psicolóxica ou de ambos tipos. En ocasións pódense producir casos graves de brotes psicóticos, accidentes vasculares, agresións, etc. Así mesmo, estas substancias consúmense inxectadas, o que pode dar lugar a compartir as xiringas aumentando exponencialmente o risco de transmisión de VIH e outras ITS.

 

Atender as necesidades de saúde dos que practican chemsex pode requirir atención de diferentes tipos de profesionais e servizos (adiccións, saúde sexual, saúde mental, etc.) Cando se producen prácticas sexuais de risco frecuentes, é recomendable realizar probas de ITS cada tres meses.

 

Os homes que teñen sexo con homes é un grupo de especial vulnerabilidade tanto para a infección polo VIH e outras ITS como para os riscos asociados ao consumo de substancias con fins recreativos sexuais nos locais de ocio.

 

É necesario concienciar sobre a gravidade do policonsumo de drogas que provocan graves problemas de saúde. Cando existe consumo de substancias con fins sexuais é importante usar condón sempre que se manteñan relacións sexuais, especialmente cando estas son con parellas ocasionais.

 

A TÚA SAÚDE SEXUAL É MOI IMPORTANTE, GOZA DO SEXO SEN DROGAS!