É moi probable que ao longo da nosa vida, cando estudabamos, aprendéramos sobre as ETS, as Enfermidades de Transmisión Sexual, pero para entendernos, desde hai tempo é mellor referirnos a elas como ITS, ou Infeccións de Transmisión Sexual, e explicámosche por que.
As siglas ETS son coas que nos expresabamos hai anos, as que probablemente viramos en publicidade, folletos ou avisos sanitarios e, sen dúbida, son as máis comúns no pensamento colectivo da sociedade.
Porén, desde xa hai tempo a Organización Mundial da Saúde chama a usar ITS en vez de ETS. A explicación máis básica é que non por estar infectados xa necesariamente estaremos enfermos, pero hai máis razóns.
Ademais, existía un estigma social cara as persoas que tiñan ETS que é convinte frear e polo que é mellor referirse a estas persoas como que están infectadas e non enfermas de transmisión sexual, xa que a maioría de veces, unha vez que estamos contaxiados, somos asintomáticos.
Tamén ocorre que traballamos cada día para evitar que exista contaxio das infeccións, e estas infeccións son as que levan posteriormente a ser unha enfermidade se se desenvolve no noso corpo. Buscamos lograr que a xente non transmita estas ITS.
Por isto é polo que nos referimos a elas como ITS e polo que agardamos que cada vez se fagan máis populares entre a poboación estas siglas.
Pero lembra, para poder lograr evitar a transmisión das ITS, o mellor aliado es ti e o uso do condón. Non o esquezas!