Este mes de abril celébrase o Día Mundial da Saúde. Para conmemorar este día, nesta entrada de blog analizaremos como poñer solución a algúns dos problemas sexuais máis comúns.
- Falta de lubricación
Ás veces sentimos excitación pero non lubricamos o suficiente. Esto débese a cambios hormonais, ao uso de certos medicamentos ou anticonceptivos hormonais, a estrés, e incluso á utilización de produtos de hixiene íntima inapropiados tales como xabróns perfumados.
Para poñerlle solución pódese facer uso dalgún lubricante a base de auga. Os lubricantes con base de aceite poden danar os preservativos.
- Exaculación precoz
Este é o problema sexual máis común nos homes que pode aparecer a calquera idade. Non se coñece a causa exacta pero hai moitos factores psicolóxicos que poden afectar, tamén se pode producir por causas biolóxicas como algunha inflamación ou niveis de hormonas anormais e por causas fisiolóxicas como problemas de tiroides.
Este trastorno pode provocar perda de autoestima, ansiedade, estrés… Se o problema persiste débese acudir ao médico.
- Vaxinismo
O vaxinismo é unha doenza na que os músculos da vaxina se contraen e se tensan involuntariamente provocando dor e incapacidade para realizar a actividade sexual. Este é un problema frecuente en adolescentes e a principal causa é un factor psicolóxico aínda que tamén pode ser orixinado por factores físicos. Se che ocorre isto non dubides en acudir ao médico e en falar con total confianza ca túa parella sexual.
- Dispareunia
Ás veces confúndese este trastorno co vaxinismo, sen embargo; a dispareunia é unha dor persistente e recorrente cuxa intensidade é variable pero que se produce durante a relación sexual. É importante saber que a maior parte das mulleres sufrírono nalgún momento das súas vidas pero que pode ser un trastorno crónico. Non obstante, na maioría de ocasións poderase reverter.
Algunhas das causas máis comúns son a escasa lubricación, a lactancia, o parto, ou a diminución de estróxenos despois da menopausia. Este trastorno pode solucionarse da mesma forma ca o vaxinismo.
Moitos destes trastornos sexuais son derivados de problemas psicolóxicos. Así que é importante que coides a túa saúde mental se queres gozar dunha boa saúde sexual. Evita o consumo de substancias recreativas psicoactivas.