Quérote é un servizo da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado que presta un información e asesoramento á xuventude galega en áreas nas que se busca aportar un maior entendemento social e facilitar o crecemento persoal.
En Galicia contamos con cinco centros de atención xuvenil que poden axudarche en todas as túas dúbidas sobre sexualidade.
Son un servizo público, anónimo e confidencial no que traballan un equipo de profesionais especializados, desde psicólogos/as, traballadores/as sociais a educadores/as sociais. O seu obxectivo é atender as dúbidas e demandas da poboación xuvenil galega e coordinarse cos equipos de servizos complementarios.
Que servizos ofrecen?
Nos Centros Quérote+ podes atopar información e asesoramento sobre sexualidade, anticoncepción e ITS, estima corporal, habilidades persoais, hábitos saudables e máis.
Tamén se realizan probas, coma o test de embarazo ou a proba rápida do VIH en fluído oral, así como dispensación de preservativos.
Ademais, ofrécese formación á mocidade, familias, profesionais ou colectivos especiais, tanto presencial como virtual e tamén a posibilidade de participar en campañas de sensibilización social e comunitaria.
Que podemos consultar?
A axuda que ofrece Quérote+ abarca o ámbito psicosocial, centrándose en temas relacionados coa sexualidade e afectividade, problemas de convivencia, de imaxe persoal e autoestima, de uso das TIC, de drogas así como dúbidas sobre a realización do test de embarazo e da proba rápida de VIH en unha mostra de saliva.
Onde atopalos?
Podes facer consultas por whatsapp ou telegram 647 018 752 ou a través da web:
http://xuventude.xunta.es/querote-mais
Se o prefires ou queres realizar unha proba, podes pedir cita presencial no centro máis preto do teu domicilio: Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Lugo e Ourense nestes enderezos:
Centro Quérote + A Coruña: Avenida Linares Rivas 28, 8º | Telf: 981 223 913
Centro Quérote + Lugo: Complexo Xuvenil LUG II – Rúa Pintor Corredoira 4 C.P. 27002 | Telf: 982 241 732
Centro Quérote + Santiago: Rúa Ramón Piñeiro, 19 C.P. 15702 | Telf: 881 997 613
Centro Quérote + Ourense: Rúa Celso Emilio Ferreiro 27 4º C.P. 32004 | Telf: 988 231 470
Centro Quérote + Vigo: Rúa Ferrería 41 C.P. 36202 | Telf: 986 095 977
Contan tamén con perfil en Instagram, Facebook e Twitter
Polo tanto, xa sabes, todas as túas dúbidas sobre sexualidade, podes consultalas nos centros Quérote+ ou a través das súas canles en liña.