En 1988 estableceuse o Día Mundial da Loita contra a Sida. Conmemora que ese mesmo día en 1981, se realizou o primeiro diagnóstico de SIDA. Segundo os datos oficiais, anualmente falecen preto de 700.000 persoas a causa deste virus e en 2020 eran 37,7 millóns os afectados polo VIH en todo o mundo. Destes,…

Nun mundo onde a influencia das celebridades é inmensa, non sorprende que moitos rostros coñecidos utilizasen o seu status para avogar por causas sociais. Unha delas é a concienciación e a loita contra o VIH, unha epidemia global que afectou a millóns de persoas en todo o mundo dende hai máis de 30 anos. Ao…
Sobre a orixe do VIH circularon diferentes teorías, incluídas as conspiradoras. Diferentes estudos científicos, estableceron a súa orixe nunha zoonose africana procedente dunha infección dos simios que en determinado momento saltou a especie humana, pola caza e manipulado da carne e a sangue destes animais. O VIH-1, responsable principal da pandemia, ten grandes similitudes co…
Considerase práctica sexual de risco o mantemento de relacións sexuais vaxinais anais ou orais sen uso de protección (preservativo ou láminas de látex de uso sexual segundo o tipo de práctica sexual) cunha parella ocasional. O risco de contraer unha ITS aumenta segundo o número de parellas ocasionais. O risco varia, de modo xeral,…
O consumo de drogas e alcohol pode provocar condutas de risco que aumentan as posibilidades de contraer ou transmitir unha infección de transmisión sexual ( ITS). As drogas e o alcol afectan o cerebro e fan que a persoa teña dificultade para pensar con claridade o que fai posible que tome malas decisións e…
Se practicaches relacións sexuais de risco, non tomaches as precaucións suficientes ou tes síntomas e sospeitas que te puideches contaxiar dalgunha infección de transmisión sexual o primeiro que debes facer é tranquilizarte e non entrar en pánico. Tras isto, debes contactar co teu médico de cabeceira e solicitar unha cita. Se te atopas mal ou…
O 1 de decembro de cada ano conmemoramos a todas as vítimas da SIDA, apoiamos a aquelas persoas que conviven co VIH e loitamos contra o estigma que lle rodea. Por iso, hoxe lembramos os máis de 40 anos desde que se coñece mundialmente. Cando se orixinou a SIDA? Un grupo de investigadores…
O VIH destrúe certas células (linfocitos CD4) do sistema inmunitario. Estes linfocitos CD4, defenden o teu corpo de moitas enfermidades infecciosas e nos axuda a manternos sans. Cando o VIH dana o teu sistema inmunitario, é máis fácil que enfermes de gravidade e mesmo que morras por infeccións que o corpo normalmente podería combater. …
Sabías que a posibilidade de contraer unha ITS no verán é maior? O certo é que a probabilidade aumenta un 15% no segundo semestre do ano. Esta asociación non é porque exista un maior risco asociado a factores climatolóxicos senón que é debido a factores sociais. Por exemplo, aumento de relacións sexuais con persoas descoñecidas,…
Segundo as estatísticas mundiais de ONUSIDA, 37 millóns de persoas conviven co VIH en todo o mundo. Pero aínda que normalmente a xente lle chame VIH á SIDA e viceversa, non é exactamente o mesmo. De feito, coñecer en que se diferencian pode axudar a coñecer como de avanzada está a enfermidade e o prognóstico…
A infección por VIH continúa a ser unha das principais preocupacións de saúde pública no noso país. Por iso é tan importante previlo. Nesta entrada de blog, ofreceremos as claves para facelo: A profilaxe post-exposición (PPE) é unha medida de prevención secundaria orientada a evitar o desenvolvemento da infección polo VIH tras unha exposición…
É moi probable que ao longo da nosa vida, cando estudabamos, aprendéramos sobre as ETS, as Enfermidades de Transmisión Sexual, pero para entendernos, desde hai tempo é mellor referirnos a elas como ITS, ou Infeccións de Transmisión Sexual, e explicámosche por que. As siglas ETS son coas que nos expresabamos hai anos, as que probablemente…
Cada ano, o 1 de decembro, o mundo conmemora o Día Mundial da Sida. Ese día, xente de todo o mundo únese para apoiar ás persoas que viven co VIH e lembrar aquelas que faleceron por enfermidades relacionadas con esta doenza. ONUSIDA, a Axencia da Organización de Nacións Unidas para a SIDA, ten o lema…
Moitas son as películas e series que, entre os seus temas e guións falan, entre moitas outra cousas, de Infeccións de Transmisión Sexual. O VIH é un dos temas preferidos de directores, produtores e guionistas. Sobre el xiran moitas películas e series e tamén grazas a estas producións podemos aprender máis, sobre todo sobre como…
O saber non ocupa lugar, sobre todo cando se trata de saber sobre saúde. Cantas dúbidas tes sobre as infeccións de transmisión sexual (ITS)? Cantas veces buscas na Internet os síntomas dalgunha infección? É normal. Temos dúbidas e precisamos aclaralas. Se che preguntan cantas ITS existen seguro que saber dicir algunha, pero a realidade é…
Recentemente, na serie de Televisión Española “Cuéntame cómo pasó”, que xa se atopa narrando o que aconteceu no ano 1992, saltaba a historia de que un dos personaxes da serie tiña sida. Isto provocou unha reacción de moitísima preocupación nas persoas que tiveran contacto con ese personaxe. Esta serie volveu a levarnos a unha época…
A diferenza do que moitos cren, o preservativo non serve só para evitar ter embarazos non desexados. Serve para moito máis ca iso. Existen varios métodos anticonceptivos eficaces. Hainos de longa duración coma os DIU, os hormonais como as pílulas ou os de barreira coma preservativos. Todos estes son altamente efectivos para evitar embarazos non…
Quérote é un servizo da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado que presta un información e asesoramento á xuventude galega en áreas nas que se busca aportar un maior entendemento social e facilitar o crecemento persoal. En Galicia contamos con cinco centros de atención xuvenil que poden axudarche en todas as túas dúbidas sobre…
Sabías que en Galicia contamos cun Programa de Proba Rápida do VIH? Neste vídeo contámosche como funciona e se queres saber máis podes poñerte en contacto con nós nas nosas redes e tamén no apartado “Quero axudar a un amig@” desta web!
O CHEMSEX trátase dun termo de orixe británico que xorde entre a fusión das palabras chems (derivada de chemicals, como alusión ás drogas) e sex (sexo). Trátase dun tipo de consumo sexualizado de substancias. Esta actuación caracterízase por un consumo de drogas con fines sexuais tendo como consecuencias longas sesións de sexo que se poden…
Existe moita información falsa ou errónea sobre as ITS e que podes atopar en moitos sitios web detrás dos cales non hai institucións ou profesionais formados. Ante esta situación é lóxico que existan unha serie de mitos e crenzas sobre estas infeccións que se atopan moi lonxe da realidade. Queremos que teñas as menores dúbidas…
Din que o amor é cego… pero non o sexas ti tamén!
Quen ama a música, ama a vida. Esta é unha máxima que os músicos levan consigo dende tempos inmemorables. É por isto polo que moitos músicos decidiron escribir e cantar cancións contando historias ó redor do VIH.
“O VIH cambiou a miña vida, pero non me impide vivir” -Magic Johnson
Preparamos para todos os cinéfilos unha lista coas dez mellores películas que abordan a temática do VIH e o SIDA.
Sumamos a nosa voz, un ano máis, ao 1 de decembro, Día Mundial do VIH/Sida, poñendo o foco na importancia da detección precoz. MANIFESTO DO DÍA MUNDIAL VIH SIDA
Sabías que 1 de cada 5 persoas infectadas polo VIH non o sabe? Hoxe 20 de outubro conmemórase o Día da Proba do VIH e queremos lembrarvos a importancia da detección precoz desta infección. Actualmente o VIH/sida non ten cura, pero está demostrado que acceder canto antes aos tratamentos antirretrovirais frea dun xeito moi importante…
Xa están dispoñibles nas farmacias os chamados Autotest de VIH. Son probas rápidas que podes adquirir sen receita médica e que se realizan cunha mostra de sangue capilar extraída da xema do dedo. Queres saber máis? Sigue lendo!
Sabías que o 77% dos novos casos de VIH en Galicia se produciron a causa das relacións sexuais desprotexidas? A prevención e o diagnóstico precoz son fundamentais.
O diagnóstico do VIH soamente pode establecerse de modo definitivo por métodos de laboratorio, xa que as manifestacións clínicas de estadíos iniciais da infección non son específicas do VIH.
O diagnóstico precoz da infección polo VIH pode salvarnos a vida. Ante unha patoloxía como é o VIH-sida o tempo de reacción é fundamental. O diagnóstico precoz permite incrementar dunha maneira considerable a eficacia dos tratamentos contra o virus, e polo tanto, a esperanza e a calidade de vida das persoas infectadas. Un instrumento útil e…
Con preservativo sempre Emprega correctamente condóns de látex masculinos ou femininos todas as veces que teñas relacións sexuais. Os condóns son o único método anticonceptivo eficaz que reduce o risco de transmisión do VIH e da maioría das ITS. Elixe condutas sexuais de menos risco As relacións sexuais anais son o tipo de actividade sexual…
Que é o VIH? É un virus que infecta ás persoas danando as células do sistema inmune, producindo un deterioro das súas funcións de loita contra as infeccións. Tralo contaxio, a infección adoita pasar desapercibida. Os primeiros síntomas da infección son inespecíficos e o máis frecuente é un cadro seudogripal. Se a persoa infectada non…